Entradas

CESAREO VAZQUEZ

Imagen
 Bo día. Dende a Asociación de Veciños de San Miguel de Oia, consideramos inadmisible o actual estado da Avd. Cesáreo Vázquez, sendo tamén o sentir maioritario dos veciños e usuarios desta arteria principal da parroquia, que lamentablemente está en desfeita permanente. Xa perdemos demasiado tempo co Concello de Vigo, foron xa moitas reunións, solicitudes, queixas, suxestións e infinitas conversas con boas palabras, pero sen compromisos serios nin feitos. Con este comunicado, invitámosvos a participar na manifestación convocada para o día 6 de xullo, saíndo ás 11:30 h dende a rotonda de Canido, percorrendo a Avd Cesáreo Vázquez ata o cruce coa Carretera de Camposancos e volvendo novamente ata o punto de partida. Grazas de antemán polo voso compromiso veciñal. Saúdos cordiais Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.